Enter your keyword

MAOS. Innovación Social – S. Coop. Galega

 

MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado cuxa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.O noso cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade.  As nosas accións diríxense a conseguir que a sociedade galega entenda o seu patrimonio e a súa cultura como partes de si mesma, que os valore, os respecte e contribúa á súa conservación e transmisión. Para este fin, MAOS deseña, coordina e executa proxectos propios ou doutras entidades que se adecúen aos seus obxectivos.

MAOS acredita no poder do pequeno que se fai grande ao traballar solidariamente.

Todas as actividades desenvolvidas pola cooperativa pénsanse e realízanse atendendo sempre a criterios de calidade, innovación e profesionalidade.

A nosa estratexia enmárcase no fortalecemento dunha estrutura organizativa horizontal que nos permita estabelecer relacións laborais e humanas estábeis e sustentábeis para o desenvolvemento integral dos proxectos. A partir desta premisa consideramos que a participación da comunidade e as parzarías con empresas e organizacións de intereses afíns son elementos fundamentais para o noso éxito persoal e empresarial.

Pensamos e pomos en práctica pequenas accións que aumenten a capacidade da sociedade para se autoxestionar.

 

ENLACES DE CONTACTO
Teléfono: 881 974 101 / 694 474 166
Localización: rúa Tomiño 24 Entrechán, 15703 Santiago de Compostela
Email: maos@maos.gal 
Web: http://maos.gal/ 
Twitter: https://twitter.com/MaOsInnovacion
Facebook: https://www.facebook.com/MaOsInnovacion
LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/maos
G+: https://plus.google.com/+MaosGlSCoopGalega
Pinterest: https://www.pinterest.es/MaOsInnovacion/
Instagram: https://www.instagram.com/maosinnovacion/
YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCsyZhr37PxjsLkty6rty2eg
Vimeo: https://vimeo.com/maosinnovacion

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies