S36. RUTAS DE PEREGRINACIÓN, COMUNIDADES LOCAIS E TERRITORIOS
Coordinación:
Beatriz Busto Miramontes
GALABRA USC-AGANTRO
Departamento de Filosofía e Antropoloxía USC
beatriz.busto.miramontes @ usc.es
Iria Caamaño Franco
Departamento de Sociología UdC
iria.caamano @ udc.es
DESCRICIÓN DO SIMPOSIO
O obxectivo principal deste simposio é crear un espazo interdisciplinar para reflexionar e compartir estudios empíricos que xurdan dende a antropoloxía social sobre os retos e desafíos de futuro que presenta o turismo para/por/en/na cultura e no territorio.
No ano 2019 recibíranse 1.5 mil millóns de desprazamentos no mundo, cun crecemento continuado dende 2010 (OMT, 2019). O crecemento turístico é expansivo e parece chegar a todos os territorios posibles, incluso nos lugares máis inhóspitos, a unha velocidade vertixinosa. Sen embargo no ano 2020 esta tendencia paralizouse e os efectos da COVID-19 demostraron a súa fraxilidade mais tamén a dependencia turística por parte de moitos territorios non soamente por cuestións económicas senón tamén a nivel patrimonial e social.
A situación epidemiolóxica dos dous últimos anos tamén evidenciou que no S.XXI a práctica turística é concibida como unha necesidade e constatou que vivimos nun mundo que promove cada vez máis a hiper mobilidade. Neste senso, o sector turístico presenta unha perspectiva de crecemento pero: é convinte/sostible seguir promovendo o turismo? Estamos ante unha actividade que non é inocua e, de feito, os estudos sobre a análise do impacto do turismo no territorio xeran resultados opostos. De feito, os seus impactos non están exentos de intereses e de acordos pero tamén de conflitos e de reflexións críticas.
Como xa avanzaba Buhalis (1999) existen exemplos de desenvolvemento turístico inadecuados en destinos mundiais que realmente destrúen o propio sentido do turismo. Nestes casos se detecta un patrón común: a ausencia dunha planificación que atenda de maneira integral aos turistas, aos espazos e ás comunidades locais. Así, estes destinos acaban xerando unha sobreoferta e, consecuentemente, unha sobredemanda.
Neste contexto, o debate sobre as fronteiras de desenvolvemento turístico entendidas como os límites ao crecemento turístico está aberto e máis vivo que nunca. Estamos dispostos a deixar de viaxar? Son posibles outros modelos de desenvolvemento turístico? Convén comezar a falar da aplicación da teoría decrecentista nos modelos turísticos na procura de modelos sostibles? Están os axentes do sistema turístico dispostos a traballar nunha verdadeira reconversión?
Neste contexto xorde unha gran oportunidade de reiniciar e redefinir o modelo turístico. Outro modelo de desenvolvemento turístico é necesario e posible mais é tempo de reflexión, responsabilidade, compromiso e da necesidade de promover unha maneira de viaxar máis consciente. Sen dúbida, é preciso promover compromisos reais nos eido ambiental, económico, social e cultural.
Este simposio invita á participación de investigadores e investigadoras que centren os seus estudos en análise empírica e teórica sobre os seguintes eixos temáticos:
- Alianzas e ameazas do turismo para as comunidades locais
- Modelos alternativos ao turismo tradicional
- Patrimonio, turismo e participación
- Procesos de conxelación na souvenirización da cultura
- Turismo e medioambiente
IDIOMAS NOS QUE SE ACEPTARÁN PROPOSTAS
Todos os idiomas oficiais do Estado Español, Inglés e Portugués
BIBLIOGRAFÍA
Buhalis, Dimitrios. 1999. Limits of tourism development in perioheral destinations: problems and challenges. Tourism management 20: 183-185
Greenwood, Davydd J. 1977. Culture by the Pound: An Anthropological Perspective on Tourism as Cultural Commoditization. En Valene L. Smith (ed.) Hosts and Guests: The Anthropology of Tourism. (pp. 129-138). Blackwell Publishers.
Santana-Talavera, Agustín. 2020. Turismo, un objeto de estudio para la antropología social. Disparidades. Revista de Antropología 75(1): e001a. https://doi.org/10.3989/dra.2020.00